Nesta semana o alumnado do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco, que fai uso do “Camiño Escolar Seguro”, desprazábase ata a cidade de Ourense para desfrutar das actividades do “Funtastik_no limits”, un evento que aglutina formación e diversión a través dun espazo de multiexperiencias para todas as idades e que se desenvolve en Expourense.
Esta actividade, na que os escolares estaban acompañados por profesores, era un agasallo que o Concello do Barco outorga “aos nenos e nenos/as participantes no Camiño Escolar Seguro”, tal e como sinalan dende o centro de ensino.
Fotos: CEIP P. Condesa de Fenosa.