
O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, presidía esta mañá o inicio da conferencia “Novidades e retos na seguridade viaria”, organizada pola Dirección Xeral de Tráfico e Abanca, que tivo lugar esta mañá na Sede Afundación da capital.
Arredor dunha trintena de socias e socios do Espazo +60 de Afundación asistiron a este relatorio, que foi impartido polo xefe provincial de Tráfico en Ourense, David Llorente, e o capitán da Garda Civil de Tráfico, Javier Barja, que achegaron aos presentes os cambios recentes na normativa, o uso axeitado dos sistemas de seguridade e a importancia de respectar os sinais e límites de velocidade, entre outros aspectos.
O obxectivo desta iniciativa foi concienciar a condutores e peóns da relevancia da seguridade viaria na vida cotiá.
