As localidades barquenses de Veigamuíños e A Proba eran algunhas das que celebraba o Día de Todos os Santos pola mañá. Así, os seus veciños dábase cita no cemiterio ás 12h. horas deste 1 de novembro, para asistir aos cultos ao carón das sepulturas, oficiados polo párroco, Jesús Álvarez Álvarez.

Na celebración, que contaba cunha numerosa asistencia, o sacerdote nomeaba as persoas falecidas neste último ano e tamén facía un responso percorrendo as diferentes zonas do camposanto.
Anteriormente, tiña lugar unha misa no cemiterio do Castro-Outarelo a misa ás 10h, ás 11h. en Xagoaza, en ambos casos oficiadas tamén por Jesús Álvarez. Pola tarde, ás 16:30h. está prevista a misa no cemiterio do Barco.
Fotos e vídeo: O SIL.