Preto de 200 persoas xuntábanse no mediodía do domingo 3 de novembro arredor da mesa para desfrutar do “Xantar de Magosto” de Manzaneda. A iniciativa estaba organizada pola Asociación Cultural A Trabe, coa colaboración do Concello de Manzaneda, e desenvolvíase na nave municipal a partir das 14h.
O menú, cun prezo de 10 euros por persoa, incluía empanadas variadas, chourizos e costela asada. E, na sobremesa, as castañas asadadas, ademais de bicas e licores.

Tamén se puido probar o viño novo que cada quen a aportou libremente. Ademais, o xantar estivo animado pola actuación do grupo local de acordeonistas Airiños da Porta Falsa.
Fotos e vídeo: cedidos.