CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Carreira solidaria a favor dos nenos afectados pola DANA no CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco)

 

Coincidindo coa celebración do magosto, neste 7 de novembro o CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) organizaba unha carreira solidaria a favor dos nenos afectados pola DANA, a través da ONG “Save the children”, no Campiño.

Ademais do alumnado e profesorado, tamén participaban as familias correndo nas diferentes modalidades.

 

 

No decurso da actividade contábase cunha urna na que se ían recollendo as doazóns económicas, que irán destinadas integramente para esta ONG, segundo se informa dende o centro escolar.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button