CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Curso de intelixencia artificial e charla sobre ciberseguridade na Aula Cemit do Concello do Barco

 

O próximo día 14 de novembro, de 11 a 12,30 horas da mañá, celebrarase na Aula Cemit do Concello do Barco (Edificio Multiusos, segundo andar), un curso sobre intelixencia artificial no que se poden inscribir todas as persoas que o desexen, e o 21 de novembro, no mesmo lugar, terá lugar unha charla sobre ciberseguridade impartida por persoal especializado. A charla impartirase entre 11:00 a 12:30 horas da mañá.

Os interesados en ambas actividades poden inscribirse, ben chamando ao teléfono do Concello (988320202, extensión 2169), ben de xeito presencial na propia aula Cemit.

 

 

Back to top button