
Gran acollida da iniciativa solidaria promovida por un grupo de veciños do municipio de Carballeda de Valdeorras para axudar aos damnificados pola DANA. “Estamos moi contentos e satisfeitos pola acollida e resposta que estamos a ter. É emocionante e reconfortante ver como os veciños das distintas aldeas, a nivel individual ou colectiv,o chegan coas axudas aos puntos de recollida de Casaio e Sobradelo”, destacan.

Así mesmo, resaltan, de xeito especial, “a doazón dunha veciña, que está en situación de desemprego e que non é do municipio, pero reside nel. Veu a achegar o seu graniño de area e, ao mesmo tempo, mostrar a súa colaboración para o que fixese falta. Isto non é un granito de area, isto é unha montaña de area”.

A intención dos organizadores deste proxecto solidario é seguir traballando ata o 22 de novembro, que é a data prevista para que saia o material recollido para a Comunidade Valenciana.
Fotos cedidas.
