Nada máis concluír o desfile que percorría na mañá do Martes de Entroido a vila de Manzaneda, tiña lugar un xantar popular no pavillón polideportivo, organizado polo Concello, ao que asistían arredor de 900 persoas. O menú, servido por Mantesil, incluía empanada, chourizo e carne ao caldeiro con patacas cocidas, ademais de bica, viño da Ribeira Sacra e café.
Fotos: A.R.