Con música, baile e moita alegría celebraba Carballeda de Valdeorras o Día Internacional da Muller neste sábado 8 de marzo. O Concello organizaba, por segundo ano consecutivo, unha concorrida e exitosa actividade de zumba na que participaban mulleres e nenas de Valdeorras, así como da veciña comarca do Bierzo.
Esta orixinal zumba desenvolvías esta tarde e abríase cunha intervención da alcaldesa de Carballeda, María Carmen González, acompañada por dous concelleiros e tamén pola monitora, Rocío. No seu discurso referíase á importancia de fomentar “máis respecto, máis tolerencia e máis cordialidade. As mulleres teremos que seguir liderando un mundo máis humano”.
Ademais explicaba que, no caso de Carballeda, este 8M festexábase exercitando corpo e mente a través da zumba. E animaba á participación. Despois, soaba a música e comezaba o baile. As participantes eran agasalladas tamén con algunhas sorpresas.
Fotos e vídeo cedidos.

