Despois da Santa Cea, arredor das 20:30h. saía do templo da Vera Cruz no Carballiño a Procesión Penitencial da Sentenza e a Esperanza, cos pasos de Xesús da Sentenza e a Misericordia e de Nosa Señora da Doce Esperanza. Na procesión tamén participaba, nesta ocasión, a Legio VII Limicorum, co seu terzo de tambores.
Fixeron un percorrido curto para evitar a chuvia e, por problemas técnicos, a imaxe de Nosa Señora da Doce Esperanza, que saíu do templo, non puido participar na procesión.
Fotos: Carlos G. Hervella.

