ConcellosQuirogaÚltima hora

O Concello de Quiroga conta cun canal de whatsapp

Fachada da Casa do Concello de Quiroga.

 

O Concello de Quiroga conta cun novo servizo de información a través da aplicación WhatsApp. Trátase dun “Canal de difusión” no que enviará a toda a veciñanza, que así o desexe, notificación de acontecementos e actividades. Os canles de WhatsApp están na pestaña Novedades, que é donde se agrupan tanto as canles como os estados da aplicación.

Este servizo complementa a información que xa se mantén a través das redes sociais (Facebook e Instagram) pero coa intención de ser máis inmediata. A finalidade -según matiza o Equipo de Goberno- e poder avisar a veciñanza en tempo real dun corte dunha rúa ou unha avaría na rede de auga, por exemplo, e que os destinatarios o reciban inmediatamente. Aínda que a través desta canle tamén se informará de actividades programadas dende os distintos departamentos municipais, non acollerá tanta información deste tipo como as outras redes sociais, dándolle máis prioridade aos avisos.

Cando se entre nesta canle soamente se poderá ver o que o Concello de Quiroga escriba nel durante 30 días. Como lector da canle só se poderá ler ou compartir as mensaxes, pero non se poderá escribir nin deixar comentarios.

Para poder recibir esta información a través de WhatsApp é preciso seguir a canle Concello de Quiroga e para manter a inmediatez é preciso ter activadas as notificacións. A través deste enlace poderase acceder directamente á canle de difusión:

https://whatsapp.com/channel/0029VasBvgT3wtbBUW2PwI1p

 

Back to top button