
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o alcalde da Veiga, Juan Anta, mantiveron unha reunión de traballo en San Caetano na que avaliaron diferentes asuntos de interese para este municipio ourensán.
Na xuntanza avanzouse na colaboración entre ambas partes para atender as necesidades da localidade en cuestións relacionadas co desenvolvemento rural, o fomento e promoción das producións agrogandeiras locais ou a xestión forestal, entre outros asuntos, co obxectivo de mellorar nestas competencias para o beneficio da veciñanza.