ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima horaViana do BoloVídeos

A ritualidade das máscaras das festas de inverno da península toma Viana do Bolo

Medio cento de mascaradas de diferentes partes de España e Portugal participaban no desfile na X ViBoMask

 

Os sons e toques, cores, danzas, e brincadeiras propias de medio cento de festas de inverno da Península Ibérica tomaban as rúas de Viana do Bolo a partir das 17h. da tarde deste 17 de maio. Dende o campo a feira da vila cobraba vida o vibrante desfile do X Festival Internacional Mascarada Ibérica, que discorría por un percorrido cheo de xente ata a praza Maior da vila e a rúa das Mazairas.

Medio cento de mascaradas participaban nesta edición da ViBoMask. Boa tarde delas, procedentes da propia provincia de Ourense: os fulións e Boteiros de Viana do Bolo e Vilariño de Conso, o fulión e Mázcaras da Mourela p’acá (Manzaneda), as Pantallas de Xinzo, os Cigarróns de Verín, os Peliqueiros de Campobecerros (Castrelo do Val), os Felos de Maceda, As Bonitas de Sande, os Cabreiros de Muíños, os Follateiros de Lobios, os Cabreiros de Muíños, o Entrudio da Veiga, o Fulión de Buxán (O Bolo), os Labardeiros e Señoritas de Mugares (Toén), os Galos de San Pedro da Mezquita (A Merca), as Madamitas e Madamitos de Entrimo, as Mázcaras da Xironda (Cualedro), o Toro e o Xigante de Celavente (O Bolo), os Troteiros de Bande, os Felos de Maceda e os de Esgos, as Mázcaras da Xironda, os Troteiros de Bande.

 

 

Das tres provincias restantes viñan sete celebracións:as  Madamas e Galáns de Cobres (Vilaboa, Pontevedra), os Xenerais da Ulla (comarca ca Ulla), o Entroido Ribeirao (Santiago de Arriba, Chantada), o Oso, os seus criados e as Madamas e Danzantes de Salcedo (A Pobra do Brollón), os Currumiños de Mos (Pontevedra) e os Merdeiros de Vigo.

No desfile tamén podían verse mascaradas de fóra de Galicia. En concreto, 11 representantes de Castela e León, das provincias de León, Zamora e Ávila; e delegacións de festas de inverno de Asturias, Cantabria, Castela-A Mancha (Guadalaxara), Estremadura e País Vasco (Áraba).

Ademais, novamente contábase con mascaradas portuguesas: dúas mascaradas de Bragança, unha de Viana do Castelo e unha de Viseu.

 

 

Pasadas as oito da tarde chegaban a praza os Xenerais da Ulla que pechaban un desfile que se iniciaba cos Boteiros e o fulión de Viana do Bolo. Cos seus atranques, elegantemente vestidos sobre os seus cabalos, concluía o desfile.

 

 

 

Para velar pola seguridade ao longo do percorrido a organización da ViBoMask contaba coa colaboración de diversas agrupacións de Protección Civil (as de Viana do Bolo, Manzaneda, O Bolo e Trives), a Policía Local, o 061 e a Garda Civil.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.

Vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Back to top button