Entre as propostas incluídas no programa do X Festival Internacional Mascarada Ibérica ViBoMask figura o ViBoMarket, un mercadiño de artesáns e produtores locais. Os seus variados postos podían visitarse ao longo deste 17 de maio na contorna da praza Maior de Viana do Bolo.
Dende meles, queixos ou licores, pasando por libros e diferentes obxectos de artesanía podían mercarse nesta mostra que aposta por poñer en valor os produtos locais.
Fotos: A.R.