
A Denominación de Orixe Valdeorras viaxará á capital de España este luns día 26 de maio para participar no salón Experiencia Verema Madrid 2025. E o fará en representación de 18 adegas amparadas que presentan un total 29 viños, 23 de eles brancos e 6 tintos.
No seu empeño pola promoción dos viños de Valdeorra, asiste á cita porque “se trata dunha plataforma moi boa para conectar co público consumidor”, indica o director técnico doCRDO Valdeorras, Jorge Mazaira. Pese a que Madrid é, para os viños desta denominación, “un dos nosos puntos fortes”, insiste Mazaira en que “sempre é importante darlle visibilidade aos nosos produtos, sobre todo nun escenario como o Hotel Wellington, que aínda chama máis a atención de profesionais e prescriptores do mundo do viño”.
Verema Madrid 2025
Máis de 50 adegas estarán presentes no showroom Verema Madrid 2025, onde os profesionais poderán descubrir novas referencias e tendencias do mercado, e onde os prescritores terán a oportunidade de conversar directamente con quenes están detrás de cada etiqueta.
Ademais, a cita chega nun ano especial posto que Verema cumpre o seu 25º aniversario, que celebrará nesta ocasión en Madrid, brindando cos mellores viños.
O stand da D.O. estará aberto en horario de mañá e tarde, entre as 12:00 e as 21:00h, nunha xornada de traballo marcada no calendario de feiras ás que acude cada ano o Consello Regulador.