Preto de 200 integrantes do Quinto Batallón de Intervención en Emerxencias (BIEM V), da Unidade Militar de Emerxencias (UME), cos seus respectivos vehículos pesados e lixeiros especializados, xa se atopan instalados no Barco, onde permanecerán do 26 ao 30 de maio, para realizar prácticas de exercicio de instrución e adestramento en loita contra incendios forestais. Están a pernoitar no pavillón municipal.
En concreto contan con 30 vehículos, entre lixeiros e pesados, e 2 helicópteros, segundo o Concello do Barco.
Fotos: O SIL.