EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O cartel que anunciará a XVIII Feira do Viño de Monterrei é obra de Ángel Ligero

Foi escollido entre 56 traballados presentados ao concurso impulsado polo consello regulador

 

A próxima edición da Feira do Viño de Monterrei xa ten cartel anunciador. A proposta seleccionada, de Ángel Ligero Martínez, foi elixida entre un total de 56 traballos presentados ao concurso impulsado polo C.R.D.O. Monterrei.

O autor desta obra, presentada baixo o lema “A miña terra, o meu viño, a miña festa”, é deseñador e pintor. Apaixonado ao mundo do cartelismo onde leva presentándose, desde hai 25 anos, a diferentes concursos. Gañou numerosos deles, como o Festival de Jazz de San Sebastián, Festival de Ortigueira, entroidos de Bilbao, Vitoria ou Conil, festas de Haro, Caudete, San Roques Alfareños ou Cabalgata de Reis Magos de Alcoy, entre outros.

O xurado encargado de elixir o cartel gañador ha estado conformado por Manuel Vázquez, presidente do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Alberto Fernández e José Fernando Boo, vogais da entidade; Samanta Barreira, concelleira de Cultura, Consevatorio, Festexos e Turismo do Concello de Verín, María del Pilar Salgado, profesora de Artes e Oficios, Xosé Rivada e Fernando Barreira, artistas plásticos.

Back to top button