CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A mocidade de Viana tomará a praza Maior para pedir “un transporte público accesible”

14 estudantes deste municipio levarán a cabo o 16 de xuño unha intervención, creativa e reivindicativa, que busca chamar a atención sobre a falta de transporte público para garantir o futuro da mocidade nas comarcas galegas

Imaxe: Red Compás.

 

O vindeiro luns 16 de xuño, entre as 11:15h e as 12:15h, a Praza Maior de Viana do Bolo será o escenario dunha “acción de comunicación de guerrilla” protagonizada por 14 mozos e mozas da Red Compás do IES Carlos Casares, que estarán acompañados de máis estudantes do centro educativo sumando un total de 25 participantes.

“Trátase dunha intervención creativa e reivindicativa para esixir unha rede de transporte público accesible, efectiva e sostible, que permita á mocidade e a poboación en xeral desprazarse no rural sen depender dun vehículo propio e mesmo concectar con entornos urbáns mediante o tren”, din os estudantes.

Baixo a coordinación de AGARESO e no marco dun proxecto Erasmus+ de Participación Xuvenil, a actividade consiste nunha performance artística e simbólica na que denunciarán, dunha forma orixinal, o carencia dunha frecuencia estable nos horarios de autobuses así como a posible reducción das frecuencias dos trens de loga distancia.

Durante a acción, tamén se conta cos posible presenza da tenente de alcalde de localidade. No memos acto, o alumando lerá un manifesto elaborado conxuntamente con alumnado doutros catro IES de Galicia participantes na Red Compás, unha rede que conecta a mocidade do rural galego arredor da participación política, o dereito á boa vida e a transformación social desde a base.

“Esta acción pon o foco nun problema clave: sen mobilidade, non hai futuro para o rural. Se a mocidade non pode acceder con facilidade aos centros de estudo, formación, cultura ou emprego, vese obrigada a abandonar os seus lugares de orixe. Garantir o dereito a desprazarse é tamén garantir a permanencia e o desenvolvemento das novas xeracións nos territorios rurais”, din os promotores da iniciativa.

O acto insírese nun proceso educativo e participativo que aposta por dar voz á mocidade e abrir espazos de diálogo coas institucións para construír, con creatividade e compromiso, un rural vivo, conectado e con futuro.

Back to top button