ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Coolflanders abre o apartado musical da VII Festa do Casco Vello do Barco, que continúa este sábado

A partir das 22:30h. actuará no escenario da praza Maior Trouper’s Swing Band e, despois, Dinosaurios

 

Multitude de persoas desfrutaban na praza Maior do Barco na tardiña e noite do 13 de xuño da primeira xornada da VII Festa do Casco Vello.  Arredor das oito abrían as casetas dos seis bares que participan nesta edición: Excalibur, Tapería Agarimo, O Buraco, Kavernikola, 13/14 e A Cova da Capitana) Nelas podía desfrutarse de diversos petiscos e bebidas.

O programa musical comezaba ás 22:30h. coa actuación da banda Coolflanders, de funk e blues, que deleitaba ao público con xoias da música negra.

 

 

Xa superada a medianoite, ao escenario subíase o grupo local Fendetestas. A música proseguía a partir da 1:30h. da man de Dani Argü Dj e Amadeo Dj.

 

 

A Festa do Casco Vello compleméntase coa Feira do Porto da Barca ao longo de toda o sábado, con mercadiño e obradoiros. A partir das 20h. reabrirán as casetas dos bares na praza Maior, onde poderán saborearse novamente os petiscos acompañados de bebidas. E ás dez e media da noite a praza encherase da música do prestixioso grupo Trouper’s Swing Band, cabeza de cartel desta edición.

 

 

Esta banda, que vén dende Orihuela, alterna temas propios con adaptacións do Swing, Neoswing e Rockabilly. Despois desta actuación, tocará Dinosaurios (entre as 00:30h. e as 2:30h., unha banda de versións. A música proseguirá ata ben entrada a madrugada no escenario da praza Maior da man de Dani Argü Dj e de Amadeo Dj, que porán o broche á celebración.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Back to top button