CarballedaConcellosÚltima hora

Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) honra a San Antón cunha eucaristía e unha procesión ata a zona vella da vila

 

Por todos é coñecida a gran devoción que existe na comarca de Valdeorras por San Antón de Padua (nado en Lisboa o 15 de agosto de 1195 e falecido en Padua o 13 de xuño de 1231), sacerdote da Orde Franciscana, predicador e teólogo portugués, venerado como santo e doutor da Igrexa polo catolicismo.

 

 

De feito son numerosas as localidades que o honran dun xeito especial. Unha delas é Sobradelo, no concello de Carballeda de Valdeorras que, malia ter na Encarnación as festas principais, tamén celebran o San Antón no mes de xuño, especialmente na zona vella da vila onde contan cun peto de ánimas cunha imaxe do Santo elaborado en lousa, o material por excelencia da comarca e concretamente de Carballeda.

 

 

Ata aí chegaba a procesión na mañá deste sábado día 14. Ao tratarse dunha procesión sacramental, tiña lugar trala misa na que seis nenos celebraban a súa Primeira Comuñón que comezaba ás 12 horas.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button