As adaptacións do Swing, Neoswing e Rockabilly do prestixioso grupo Trouper’s Swing Band envolvía o seu contaxioso ritmo a praza Maior do Barco na segunda xornada da VII Festa do Casco Vello do Barco. Unha praza que se enchía de público para desfrutar de boa música, acompañada dos petiscos e bebidas das casetas da media ducia de bares participantes nesta edición: Excalibur, Tapería Agarimo, O Buraco, Kavernikola, 13/14 e A Cova da Capitana.
O seu vocalista interaccionaba de xeito especial co público, baixándose de forma reiterada do escenario para mesturarse con el, no decurso da actuaciónse mesmo convídandoo a subirse co banda. Así o facía cunha parella inglesa que segue a esta formación por toda España para asistir aos seus concertos.

E, despois do exitoso espectáculo desta banda procedente de Orihuela, e considerada un referente a nivel europeo, chegaba ao escenario o grupo de versións Dinosaurios. A música proseguía ata ben entrada a madrugada no escenario da praza Maior da man de Dani Argü Dj e de Amadeo Dj, que porán o broche á celebración.
Fotos: Carlos G. Hervella
Vídeos: O SIL.

