CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Música en directo e dj, o sábado 21 de xuño no ‘Barbudos Fest’, no Barco

Coa chegada do bo tempo dispáranse os concertos e os festivais, tanto en grandes espazos abertos como en locais de hostalaría. Neste segundo escenario, aínda que tamén ao aire libre, se move o ‘Barbudos Fest’ que se celebrará este sábado 21 de xuño, na praza do Barbudos (O Barco de Valdeorras).

Haberá sesión vermú ás 12 horas a cargo de Dj Repunante e xa pola tarde, a partir das 19 horas actuarán The Black Wings, Chabacanos, Grilo e Seika, moitos membros de AMAVA (Asociación de Música Alternativa de Valdeorras).

 

 

Back to top button