A localidade valdeorresa de Casaio (Carballeda de Valdeorras) celebra esta fin de semana as festas do Corpus Christi. O programa, organizado pola Xunta Veciñal, comezaba onte coa verbena a cargo do grupo La Última Legión e Dj Miguel Ángelo poñía o broche musical á madrugada.

Con todo, hoxe é o día. Ás 12:30 horas deste sábado 21 de xuño comezaba a misa na que un neno facía a Primeira Comunión, seguida da procesión sacramental pola aldea coa tradicional ofrenda diante do altar, amenizada pola Charanga Bergidum que poñía tamén música ás sesión vermú.

Ás 18:30 horas haberá colchoneta gratis na praza para os máis pequenos; e pola tarde (21 horas) e verbena (01:00 horas) o baile correrá por conta da Orquestra Saudade. Xa de madrugada collerá o relevo a Disco Móbil Venus Dibao.

A festa rematará mañá, domingo día 22. Ás 12:30 horas terá lugar a Celebración da Palabra; e a partir das 19 horas, festa co Trío Nostalgias.




Fotos: Carlos G. Hervella.