PolíticaÚltima hora

O PP di que segue sen comprometerse unha data para licitar en 2025 as obras dos carrís de adiantamento da N-120

 

Os deputados ourensáns do PP no Congreso dos Deputados vén de emitir un comunicado de prensa no que se dá conta da resposta do Goberno a unha pregunta formulada por este grupo con respecto á licitación de carrís de adiantamento na N-120. En concreto, as preguntas eran as seguinte:

“Finalizou xa o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible a redacción do proxecto construtivo dos carrís adicionais da N-120 entre Vos Peares e Ourense PPKK 548 ao 564 (provincia de Ourense)?
Despois de incumprir o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible a data comprometida de licitación en 2023 das obras de “mellora da seguridade viaria na estrada N-120, coa implantación de 4,22 quilómetros de carrís adicionais entre os km 548,800 e 564,000, na provincia de Ourense”, en que mes de 2025 licitará as obras?”.

Agora os populares veñen de recibir a resposta do Goberno, que, segundo plasman textualmente no comunicado é a seguinte: “O 5 de xuño de 2025 o Goberno deu esta resposta: “O Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible aprobou o expediente de información pública e o proxecto de trazado do proxecto de: Carrís adicionais da N-120 entre Vos Peares e Ourense, PPKK 548 ao 564 (provincia de Ourense). Na actualidade atópase en redacción o proxecto construtivo que terá en conta as prescricións derivadas da aprobación do expediente de información pública e do proxecto de trazado”.

Neste senso, a valoración que fan os deputados do PP é que “é inxustificable que a piques de finalizar o primeiro semestre de 2025 o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible eluda responder á nosa concreta pregunta e non compromete unha data certa de licitación destes carrís. Seguen dando largas e o incrible é que aínda continúen coa redacción do proxecto construtivo”.

 

Back to top button