CulturaCulturaÚltima hora

Os museos de Quiroga amplían o seu horario de apertura no verán

Pezas do Museo Etnográfico de Quiroga./ Foto: Concello de Quiroga.

 

Os museos xeolóxico e etnográfico de Quiroga amplían o seu horario de apertura durante os meses de xullo e agosto. A participación do Concello de Quiroga no programa servizo de voluntariado xuvenil da Xunta de Galicia, permitirá abrir os museos de Quiroga nos seguintes horarios:

-Museos xeolóxico e etnográfico: de luns a venres de 10-14 h. -Sábados, domingos e festivos: Museo xeolóxico: de 11-12 h. Museo etnográfico: de 12-13 h.

Ademais, calquera día e a calquera hora, visitas guiadas para grupos de 10 ou máis persoas, en visitas concertadas previa cita no teléfono 982435125 ou no enderezo electrónico cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es.

Durante o mes de xullo de 2025 volven as XORNADAS DE PORTAS ABERTAS, aos museos de Quiroga. Serán todos os mércores de xullo, no seguinte horario: -Museo xeolóxico: 11-12 h. -Museo etnográfico: 12-13 h.

A entrada será de balde e non é preciso anotarse. Formarase un grupo na estrada de cada museo.
Dentro do programa de dinamización turística do Concello de Quiroga: “descubrir Quiroga”, que conta coa financiación da Deputación Provincial de Lugo:

-O domingo 27 de xullo de 10-14 h: Raíces e ritmos das montañas. Con visita aos museos xeolóxico e etnográfico de Quiroga, obradoiro de instrumentos de música de raíz con Xavier Blanco da Fundación Legar e mostra de torneado de madeira de oliveira cos artesáns do obradoiro Armaior da Toca (Quiroga). Anotarse e información en: turismo.quiroga@eidolocal.es ou no teléfono 982435125.

-O xoves 7 de agosto de 10-14 h: A arte é moi doce. Actividade para cativos. Ruta dos murais e visita ao museo etnográfico de Quiroga centrada no mel. En colaboración con A Varrosa Mel. Actividade para @s participantes nos Campamentos de Verán do programa Concilia Quiroga.

Máis información:
www.museosquiroga.org

Back to top button