ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Procesión en Viloira (O Barco), no día grande das festas da Octava do Corpus

 

A localidade barquense de Viloira celebra neste domingo 29 de xuño o día grande da Octava do Corpus. Unhas festas que comezaban o venres coa II edición da cea popular que reunía a 700 persoas na praza e hoxe celebraba os cultos.

 


Ás 11:30 horas tiña lugar a misa e, seguidamente, a procesión co Santísimo, baixo palio, polas rúas desta vila. Nela participaban coma sempre os nenos e nenas que fixeron este ano a Primeira Comuñón, que ían abrindo á procesión, que saía da igrexa parroquial pasadas as 12 horas, botando pétalos de flores polo percorrido cunha única parada nun altar preparado e adornado pola veciñanza na zona alta do pobo, xunto ao que se elaboraba unha alfombra floral.

 

 

Este ano en lugar de ser o párroco, D. Javier Calvo, quen daba a bendición ao rematar os cultos, facíao a través do Santísimo.

 

 

Hoxe a sesión vermú corría a cargo de José Manuel Abanico e o baile da orquestra Saudade en sesión de tarde e verbena.

As festas da Octava do Corpus de Viloira rematarán mañá, luns 30 de xuño coa actuación, en sesión de tarde longa, da orquestra Pontevedra.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button