Tiñan unha ubicación alternativa (no pavillón) en caso de que vovlera a tormenta como na noite anterior, pero non foi o caso e cea popular do CarnaVrao 2025 celebrábase un ano máis ao longo da rúa Doutor Vila, na Rúa.
Así se xuntaban, na noite do venres 4 de xullo, unhas 600 persoas que, ao ritmo da charanga CLK, degustaban un menú elaborado e servido por Matesil con empanada, langostinos cocidos, costela de tenreira asada con patacas, bica e xeado, café e licores.
Coma sempre, chamaba a atención a decoración, tanto floral nas mesas como de grandes e fermosas máscaras por toda a rúa.
Trala cea e igual que en anteriores edicións, procedíase ao sorteo de 500 euros ao tempo que o grupo valdeorrés Tentempié poñía ritmo á madrugada.

O programa do CarnaVrao 2025 organizado poloa Asociación Sociocultural San Cristóbal que se abría onte coa cea, continúa hoxe co desfile de comparsas a partir das 20 horas dende a rúa Campo Grande. E o xoves día 10 de xullo ás 20:30 horas, será a celebración de San Cristóbal, con misa e procesión de coches.


Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.