Sen colas nin aglomeracións pero cun goteo constante de xente nas numerosas e variadas actividades ofertadas, a 9ª edición do SilFest Valdeorras baixaba o pano na madrugada do domingo 6 de xullo cunha apoteósica sesión musical.






Os concertos da nocturnos abríaos Pavlenha, nome artístico de Pablo López, cantautor ponferradino cun estilo propio que se caracteriza por fusionar o pop rock alternativo con influencias da escena indie arxentina e as melodías pop españolas. Coas súas cancións cuxas letras falan de amor, desamor, nostalxia e esperanza cun ton íntimo e persoal, conquistou ao público á beira do río no Barco, quentando o ambiente para o prato forte da noite.






Pasadas as 00:00 horas subíanse ao escenario os navarros Biznaga, unha das bandas de punk rock máis relevantes da escena española actual, cunha mezcla de punk clásico e sons máis modernos que recalaba no SilFest retando ao público a ter os pés lonxe do chan en todo momento.
E tras case dúas horas de concerto era o turno de Mujeres, formación que construíu unha identidade propia que os sitúa á vangarda do garage rock nacional. “Con cada novo lanzamento, a banda demostra unha evolución musical que os consolida como unha das bandas máis interesantes da súa xeración”, indican dende o festival que quixo contar con elas e tampouco defraudaron.






O ambiente festivo para pechar o festival marcábano xa de madrugada Dani Argü DJ cunha apoteósica sesión de música disco.








Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.