CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A cantautora Carla Lourdes abre o VI Ciclo Terrasón, na praza Maior do Barco

 

Na noite do venres 1 de agosto, Carla Lourdes, unha das voces emerxentes con máis proxección do panorama pop español abría, na praza Maior do Barco de Valdeorras, a VI edición do Ciclo Terrasón (incluído nos Concertos do Xacobeo).

 

 

Cunha proposta que combina sensibilidade lírica e sonoridades contemporáneas, a nova cantautora continuaba así a xira de presentación do seu primeiro traballo discográfico El Día que Descubrí el Lunar de Tu Oreja publicado o pasado mes de abril baixo o selo Esmerarte.

 

 

Cun estilo sinxelo e honesto, a cantautora conquistou ao público que en moitas ocasións se recoñece nas súas letras, pola proximidade da súa proposta. Un estilo que se move entre o pop electrónico e o indie español, con melodías pegadizas, estruturas bailables e unha voz doce que destaca en rexistros agudos. A produción combina frescura e emoción, acompañando letras íntimas que exploran o amor, a amizade, o equilibrio emocional e o reencontro cun mesmo.

 

 

Fotos: Ton y Son.

Back to top button