EconomíaEconomíaÚltima hora

‘Vidilla’, unha nova pastelería-panadería, no Barco de Valdeorras

 

Na mañá deste mércores 6 de agosto abría as portas na rúa Vigo Nº 9, no Barco de Valdeorras, un novo establecemento vencellado á alimentación.

 

 

No local no que anteriormente estaba Rodillo Veloz, atende dende hoxe José Martínez Ruiz, Pepe, á fronte da Pastelería-Panadería Vidilla, na que podemos atopar todo tipo de doces (pasteis, suspiros,…), unha gran variedade de tartas e tamén pan artesanal. “Máis adiante farei pan e centeo”, di Pepe, en plena elaboración das tartas coas que pouco a pouco vai enchendo o expositor.

 

 

Natural dun pobo cercano a Gandía (Comunidade Valenciana), Pepe leva 8 anos no Barco onde xa traballaba no sector ata que lle xurdiu esta oportunidade e decidía apostar polo seu propio negocio, asesorado dende o Polo de Emprendemento do Barco.

O horario neste mes de agosto será de 9 a 14:30 horas.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Back to top button