EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeosViticultura

O pregón do actor Fran Nogueira abre a BacoFesta 2025 no Aguillón da Rúa

Desenvolverase ata o domingo 10 de agosto con degustacións dunha decena de adegas, gastronomía e música

 

A ponte romana da Cigarrosa, que conecta dende o Imperio A Rúa con Petín, acollía na tarde do 8 de agosto o primeiro acto da Bacofesta 2025, a singular feira enogastronómica que se desenvolverá dende ata o vindeiro domingo no Aguillón da Rúa.

 

 

A partir de aí a comitiva, encabezada polas alcaldesas da Rúa e Petín, María G. Albert e Raquel Bautista, entre outros representantes políticos, iniciaban un percorrido a pé ata o recinto feiral, onde, deseguido dábase paso ao pregón, desta volta a cargo do actor rués Fran Nogueira.

Deste xeito encetábase unha fin de semana na que a música, a gastronomía, o viño e a historia se mesturarán xunto ao encoro de San Martiño coa asistencia dunha decena de adegas da Denominación de Orixe Valdeorras, postos de comida, artesanía e concertos.

 

 

Desta volta, os visitantes poderán degustar os viños de Alan de Val, A Coroa, José Luis Aristegui, Roandi, Adegas Melillas e Fillos, Sampayolo, Joaquín Rebolledo, D’Berna e Cova da Xabreira, contando ademais, como adega convidada, con Alvaredos Hobbs, do veciño concello de Quiroga e pertencente á D.O. Ribeira Sacra.

Esta tarde o recinto feiral da BacoFesta abrirá ás 20:30h. e, a partir das 23h., está programada a actuación do grupo Smoking Stones.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

 

Back to top button