ConcellosÚltima hora

A Diócese de Astorga amosa o seu apoio aos afectados polos incendios

 

Esta mañá a Diócese de Astorga vén de emitir un comunicado no que expresa o seu apoio aos afectados polos incendios que asolan a provincia de León e tamén aos do seu territorio en Galicia, na provincia de Ourense, o texto do mesmo é o seguinte e reprodúcese de forma íntegra:

“Nas últimas 48 horas,e especialmente desde a tarde de onte domingo,os incendios están a afectar de modo moi gravea diferentes zonas da nosa diócese. No momento de escribir estas liñas son varios os incendios que están a provocar danos en vivendas, negocios e importante patrimonio natural, obrigando a confinar ou desaloxar algunas poboacións da nosa diócese. No incendio orixinado en Yeres desaloxáronse ou confináronse ás poboacións de Yeres, As Medulas, Carucedo, Voces, Orellán, A Chana e Borrenes. No incendio orixinado en Llamas de Cabrera as de Llamas de Cabrera, Santalavilla e Montes de Valdueza. No incendiooriginado en Uña de Quintana as poboacións de Uña de Quintana, Cubo de Benavente, Molezuelas de la Carballeda e Congosta.

Ademais, hai outros seis incendios activos en diferentes lugares do Bierzo e un importante incendio de Chandrexa de Queixa, ma provincia de Ourense,que arrasou xa máis de 900 hectáreas.

O Administrador diocesano púxose en contacto cos párrocos das parroquias afectadas, así como convarios delos alcaldes destes territorios para manifestar a cercanía a todos os afectados e poñernos ao dispor das autoridades civís na axuda e a atención a todas as persoas que están a sufrir as consecuencias destes incendios.

Así mesmo, desexa manifestar o seu agradecemento por o esforzo encomiable que todos os servizos de extincióny as autoridades civilesestán realizando. Agradece igualmente a proximidade da diócese irmá de Zamora que, na persoa do párroco de Benavente, manifestou tamén a súa colaboración para todo o que sexa necesario.Finalmente, a nosa igrexa particular únese en oración para que estes incendios sexan extinguidos canto antes, para que os afectados poidan recuperar canto antes a normalidade das súas vidas e para que xuntos coidemos e preservemos a nosa casa común que é a terra na que vivimos”.

Back to top button