
O municipio de Manzaneda continúa acorralado polos lumes. Hai varias aldeas especialmente ameazadas, tal e como vén de informar o Concello a través dun comunicado. “O lume de Mormentelos, unido ao lume trasladado dende o foco en Manzaneda e Chandrexa, está a asediar localdiades d parte suroriental do concello: Palleirós, Raigada e Cernado”.
No caso do Cernado, di o Concello, a situación “complicouse durante a noite. Nestes momentos, está nunha situación de máxima urxencia, estase a realizar lume en contra para evitar que o incendio entre na localidade”.
Ademais o concello indica que se dispón de medio “como bulldozer e equipos de extinción, pero todos son precisos e medios e equipos municipais, unidos a os dos bombeiros forestais da Consellería do Medio Rural, brigadistas, UME, Protección Civil e a propia veciñanza centrados nelo”.
O Concello tamén pide desculpas “polas posibles afeccións noutros servizos como subministro e calidade da auga ou pola falta dalgunha información municipal, pero agora é momento de actuar no problema prioritario e dispoñer de todos os medios materiais e humanos centros nilo. Contamos con todos vos para entender a gravidade da situación e permanecer unidos”.