
Máis tranquilos arestora, dende o Concello de Viana do Bolo informan da situación do lume que afecta aos montes do municipio ás 23:20 horas do domingo 17 de agosto, “despois de comunicarnos cos pedáneos das zonas afectadas”.
A Bouza- controlado
Pixeiros- controlado
Bembibre- controlado
Pradocabalos- controlado
Vilardemilo- controlado
Vilaseco- controlado
A Servainza- controlado
O Castro- controlado
Solveira- controlado
Sever- controlado
Castiñeira de Sever- controlado
Vilarmeau- controlado
Monte A Gorbia (Fornelos de Filloas)- Activo, actualmente lonxe do perímetro do pobo.
“O resto dos pobos están ben. A día de hoxe non se desaloxou a ningun veciño do seu fogar pero séguense organizando voluntarios e recollendo comida, máscaras de protección, suero para os ollos, batelumes, etc”, din, agradecendo “a todos a axuda desinteresada e as donacións de comida, ferramentas e voluntarios que recibimos o longo do día”.