A RúaConcellosÚltima hora

Desoladora paisaxe tras ser arrasada polo lume no municipio da Rúa

 

Coa poboación xa fóra de perigo, a veciñanza vai pouco a pouco percorrendo os lugares que lle son tan queridos e que foron arrasados polas monstruosas chamas que, durante unha semana percorreron a comarcar de Valdeorras, destruído todo ao seu paso.

 

 

No caso da Rúa, seguen chegando desoladoras imaxes de fermosas paraxes antes verdes e luminosas, reducidas agora a cinsa, gris e terra negra. É o caso da zona da Carballeira onde todo está abrasado, cunha panorámica desoladora en todo o curso do arroio da Pincheira.

 

 

Como dato positivo poden verse as ruinas da Casa da Carballeira, enclavada na finca conocida como ‘A Devesa da Casagrande’ e dúas albarizas que permanecían tapadas pola arboleda.

 

 

Tal como explica un veciño de Fontei trátase da zona do arroio que desemboca no Sil fronte a Petín, “no Muíño do Ramoné, que separa Fontei e Roblido, cara a mitade do cauce”. Antiguamente era zona de castiñeiros onde había varios muíños e albarizas. “Unha preciosidade (antes)”, di con tristura.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button