O devastador incendio que nestes últimos días afectaba á comarca de Valdeorras impedía que a veciñanza do barrio de San Roque (O Barco) celebrara as súas festas o pasado 16 de agosto. Tanto a procesión do santo como a misa quedaban suspendidas e veñen de celebrarse neste sábado 23 de agosto, a partir das 12h. Así a imaxe de San Roque, acompañada tamén pola da Virxe, percorría esta zona barquense.

No marco desta celebración o párroco Jesús Álvarez expresaba o seu desexo de que San Roque afaste a “peste” dos incendios que “tantos danos e tantas dores causou na nosa terra”.
Fotos cedidas.