ConcellosQuirogaÚltima hora

Estabilizado o incendio da Pobra do Brollón, que afecta a Quiroga

Foto: RTM Quiroga.

 

Quedaba estabilizado desde as 11:07h deste xoves o incendio que desde o pasado luns, 25 de agosto , afecta a Quiroga e que comezaba no lugar de Golmar, parroquia de Abrence, no concello veciño da Pobra do Brollón.

O incendio, segundo as últimas estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rutal, afecta unha superficie de arredor de 900 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 13 técnicos, 71 axentes, 75 brigadas, 62 motobombas, 5 pas, 9 helicópteros e 13 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

As tarefas na zona continúan arrefriando e eliminando puntos quentes que poidan existir na zona queimada e realizase unha vixilancia para detectar calquera conato de reactivación do lume .

Back to top button