A RúaConcellosÚltima hora

Veciñas de Trives levan alimento para fauna salvaxe ata o punto de recollida na Cantina da Estación de Renfe, na Rúa

 

Seguen as mostras de solidariedade tralo incencio en Valdeorras. Na mañá deste sábado 30 de agosto dúas veciñas de Trives, María e Enar, levaban ata a Cantina da Estación de Renfe, na Rúa unha furgoneta cargada con comida para animais salvaxes.

 

 

Este é un dos puntos habilitados de entrega e recollida de alimento nesta fin de semana. Hai outro en Vilamartín de Valdeorras(na antiga Curz Vermella, na N-120) e tamén no Barco (rua Lugo Nº 3).

O alimento será entregado a voluntarios e asociacións que están a crear comedeiros en puntos estratéxicos do monte ante a dificultade dos animais de atopar comida no terreo arrasado polo lume.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button