
Accidente mortal en Vilamartín de Valdeorras. Na mañá deste sábado 6 de setembro falecía un operario ao sufrir un accidente laboral mentres manexaba unha máquina cargadora, tal como indican dende o 112 Galicia.
“O vehículo precipitouse por un terraplén cando estaba a realizar tarefas de movemento de material, provocando o falecemento do traballador”, explican, indicando que o suceso producíase pasados uns minutos das 13 horas.
“Foi outro empregado da empresa quen deu o aviso ao 112 Galicia, indicando xa na súa chamada que o home podería estar falecido”, din dende o 112 Galicia que de inmediato informaba ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros e GES de Valdeorras, á Garda Civil e a Protección Civil. “Unha vez no punto, os equipos de emerxencias unicamente puideron confirmar o falecemento do traballador”, conclúen.