
Mañá, arredor das 13:30 horas sairá dende a rúa Conde Fenosa do Barco de Valdeorras, o pelotón de La Vuelta 2025 para completar os 143 quilómetros da etapa 17 con meta no Alto do Morredero, en Ponferrada (León).
Unha proba que conta con máis dun cento de ciclistas acompañados pola caravana da Volta (coches dos diferentes equipos, camións, autobuses,…) que comezaba a chegar na tarde deste martes 9 de setembro.
A maior parte do equipo está instalado nos dous aparcadoiros da entrada do Barco, preto da avenida de Galicia. No do parque do Malecón está a Unidade de Mobilidade e Seguridade Viaria da Garda Civil, así como o centro de control e promoción de La Vuelta 25.

Fotos cedidas.