BaloncestoDeportesÚltima hora

O pasado, o presente e o futuro do baloncesto barquense, na xornada ‘Generaciones MV Barco’

 

Día de convivencia coas diferentes xeracións do club, o vivido o pasado 6 de setembro polo MV Barco, nun ambiente de familia e xogo no que participaron o pasado, presente e futuro do baloncesto barquense xunto aos seus amigos e familiares.

“Superando os 80 participantes vivimos unha xornada que daba pé ao comezo dunha nova tempada para o club”, explican dende o club.

Nesta publicación poden verse imaxes da xornada celebrada na praza do Concello do Barco pola mañá coas nosas categorías baby, benxamín e alevín; e no pavillón municipal pola tarde coas categorías infantil, cadete, júnior, sénior e sénior +50.

 

 

Fotos: MV Barco

Back to top button