OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense colaboran coa campaña solidaria ‘Nas súas mochilas, ou seu futuro’

Co inicio do novo curso retomaron tamén a clasificación dos Tapóns Solidarios

 

Neste inicio de curso presentouse no Centro Comercial Ponte Vella de Ourense a campaña solidaria da Fundación Amigos de Galicia “Nas súas mochilas, ou seu futuro”, unha iniciativa destinada a que os nenos de familias con menos recursos poidan afrontar a volta ás clases. O centro comercial é un espazo de recollida de material escolar para todas as persoas que queiran participar, achegando as ferramentas necesarias para encarar o curso escolar, como cadernos, mochilas, pinturas, cartafoles, cadernos,…

 

 

Esta campaña, que leva vixente desde o 2009, busca garantir que ningún menor quede atrás no seu período escolar pola situación económica da súa familia. Para iso, o Centro Comercial Ponte Vella apoia esta iniciativa, como punto de entrega, coa que colaboran un ano máis os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense.

 

 

Por iso, o profesorado do Colegio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense clasificou o material escolar donado polo alumnado (pode entregarse ata o domingo 14 de setembro). “O valor franciscano da solidariedade levouse a cabo no CC Ponte Vella coa entrega dese material escolar apoiando á Fundación acompañando ao alumnado os pro profesores, Cristina e Gonzalo.

Tapóns Solidarios

De forma paralela os Ecovixiantes comezaban un novo curso medioambiental. Uns 200 kg de tapóns solidarios foron levados ao colexio Divina Pastora durante o verán e agora metéronos en garrafas para unha mellor presentación á hora de ser entregados no CEIP de Seixalbo para a investigación de enfermidades raras.

 

 

“Con esta actividade foméntase a Economía Circular”, din dende o Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense (rúa Cardeal Quevedo Nº 27) que é centro de recollida de tapóns solidarios.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button