ConcellosQuirogaÚltima hora

A conselleira de Vivenda visita Alvaredos (Quiroga), aldea afectada polo lume

 

Neste mediodía a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, tamén visitaba a localidade de Alvaredos, no concello lucense de Quiroga, onde indicou que o Goberno galego xa concedeu tamén 2 axudas a veciños con vivendas afectadas polo lumes para comezar a recuperar os seus fogares. Neste caso a conselleira estaba acompañada polo alcalde de Quiroga, José Luis Rivera.

“Quixemos contactar coa alcalde, coa Corporación, para que saiban que seguimos aquí e que estamos a axudar, que os nosos técnicos fan as valoracións que sexan precisas”, dicía a conselleira, que hai dúas liñas de axudas da Xunta para propietarios de vivendas afectados polos lumes, “unha para vivenda habitual” e outras para segundas residencias. “Estamos a tratamilas coa máxima celeridade”, incidía.

As achegas da Xunta poden acadar case 150.000€ no caso de vivendas habituais, pois aos 132.000€ para rehabilitación do inmoble poden engadirse 16.200€ polo enxoval doméstico. En caso de segunda residencia, as axudas son de ata 66.000€ e 5.400€ para o enxoval.

O Goberno galego tamén asumirá o 100% do alugueiro temporal, se é preciso e achegará ata 600€ máis para sufragar gastos derivados desta situación. Os afectados poderán percibir a contía total da axuda de xeito anticipado, o que lles permitirá axilizar obras de rehabilitación das vivendas.

Back to top button