ConcellosEconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViana do BoloViticultura

A XVII Festa da Vendima-Ruta das Adegas de Punxeiro (Viana) será o 11 de outubro

Imaxe da anterior edición da Festa da Vendima de Punxeiro (Viana do Bolo)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Un outono máis, e van xa 17, a localidade de Punxeiro (Viana do Bolo) celebrará a nova colleita e o viño recén elaborado coa súa Festa da Vendima-Ruta das Adegas, prevista para o 11 de outubro mantendo un esquema moi similar ao de anos anteriores.

As entradas anticipadas teñen un prezo de 15 euros e poden adquirirse en Agromerlego, Supermercado Triskel e Bar Emigrante de Viana, así como o mesmo día da festa nun posto á entrada da localidade (a partir das 17h.), pero xa a un prezo de 20 euros.

 

Membros da organización coas xarras nunha das adegas do pasado ano./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A cita incluirá degustación do viño novo e pinchos típicos da zona nas diferentes adegas da aldea, despois pregón previsto para as 19 horas na praza. A partir de aí as adegas irán abrindo de tres en tres e o percorrido por cada unha delas estará guiado e animado polas charangas Caliqueños, Charanga Nova de Trives e TDB.

Despois, ás 23:30h. a celebración continuará ao ritmo do Hrupo Assia e da Orquestra Panamá Band.

Para facilitar a chegada de persoas a Punxeiro e tamén o seu regreso tras a festa, a organización ofrece un serivzos de autobuses con saída dende as 17h. da praza de Viana e regreso ao fin da festa.

 

 

Back to top button