EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A Pasarela de Moda do Barco Centro Comercial Aberto ábrese cos modelos infantís

As tendas participantes nesta edición son Döce Ópticos, Miranda X, N37, Garoba, Can-Can, e Montglam en moda e complementos de adulto, e Casabella e Koki en moda e complementos infantís

 

A partir das 19:30 horas, máis dun cento de modelos de todas as idades, veciños e veciñas da zona e de fóra de Valdeorras, subíanse a pasarela do Barco Centro Comercial Aberto (CCA), na praza Andrés de Prada. Desfilaban coas novidades do sector téxtil e complementos dos comercios asociados ao CCA O Barco que se suman ao evento: Döce Ópticos, Miranda X, N37, Garoba, Can-Can, e Montglam en moda e complementos de adulto, e Casabella e Koki en moda e complementos infantís.

 

 

Así esta Pasarela de Moda, presentada nesta edición por Fátima Pego, segue cumprindo anos, atraendo a numerosos clientes do comercio de proximidade co obxectivo de promocionar o sector barquense.

 

 

O desfile conta con dous pases diferentes, primeiro empezasen as tendas infantís e tras finalizar estas farase unha homenaxe aos ex presidentes que pasaron polo Centro Comercial Aberto (CCA). Tamén se poderá ver á presentadora, na súa versión como cantante xa que nos deleitará cunha actuación xunto coa Acrobata Reyna que aproveitará para facer un pequeno espectáculo.

 

 

As tendas participantes nesta edición son Döce Ópticos, Miranda X, N37, Garoba, Can-Can, e Montglam en moda e complementos de adulto, e Casabella e Koki en moda e complementos infantís.

De seguido, continuará o desfile coas tendas de adultos onde todos os espectadores poderán gozar das novas coleccións de moda e complementos que levarán este outono/inverno 2025. Para terminar e tras a despedida da presentadora, haberá unha tirada de globos, un dos cales portará un vale de 500€ para gastar nos establecementos asociados.

 

 

A acción, que é unha das máis importantes do programa de actividades do CCA O Barco, está subvencionada pola Deputación de Ourense e pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración e o apoio do Concello do Barco. Entre o público asistente había representantes destas institucións, así como da Feración de Comercio de Ourense. Entre eles estaba o director xeral de Comercio, Gabriel Alén.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver.

 

Back to top button