Do 2 ao 5 de outubro a Casa do Concello de Parada de Sil acollerá o XIII Congreso Internacional Minería e Metalurxia Históricas no SW europeo”. Neste congreso, organizado pola Sociedad Española para la Defensa del Patrimonio Geológico y Minero, participarán 60 poñentes de practicamente todas as comunidades autónomas así como doutros países como Francia, Portugal e Polonia e asistiran 80 persoas.
Durante o seu decurso haberá diversas sesións temáticas: arqueoloxía, minería e metalurxia na Prehistoria, Protohistoria e Idade Antiga; así como nas Idades Media e Moderna e na Idade Contemporánea; ademais de protección, conservación e valorización da xeodiversidade e do patrimonio mineiro e mineiro-industrial; Xeoparques, Museos, Centros de Interpretación, Paisaxes xeolóxicas e mineiros; Ciencia e Tecnoloxía en Patrimonio Xeolóxico e Mineiro; e Patrimonio Xeolóxico-Mineiro e Sociedade.

“A aposta pola cultura dá os seus resultados, e neste caso un magnífico resultado”, sinala o alcalde Aquilino Domínguez. Os congresistas agardan a presenza do alcalde, do presidente da Deputación e do director Xeral de Política Enerxética e Minas da Xunta na inauguración, que será o 2 de outubro pola tarde. Pola mañá os participantes no congreso visitarán O Incio e Freixo ( Monforte) e o domingo día 5 achegaranse ata Maceda, San Vítor de Barxacoba e A Fábrica da Luz.
Dende o Concelo agardan que se convertan nos mellores embaixadores da Ribeira Sacra e de Parada de Sil.