A RúaConcellosÚltima hora

Á venda as entradas para a XX Festa do Magosto da Rúa Vella prevista para o 25 de outubro

 

Un ano máis e xa van XX a Asociación Sabugueiro prepara a Festa do Magosto, unha cita destacada na Rúa Vella prevista para o 25 de outubro a partir das 20:30 horas na praza do Arroio. “Se chove faríase no Atrio”, din dende a organización, igual que fixeran o ano pasado baixo unha carpa.

O prezo da entrada mantense nos 8 euros, cun menú que constará de chouripan, bica, bullotes asados, auga e viño. Os puntos de venda (último día o xoves 23) son: Tenda O Colmado, Xardinalia e Escondite Inglés.

 

Back to top button