EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Éxito de crítica na presentación dos viños da DO Monterrei en Bilbao

 

Os viños da Denominación de Orixe Monterrei conquistaron Bilbao nun showroom celebrado en Dike 1 – Cocktail Bar & Restaurante, que reuniu a máis de 80 profesionais vinculados ao mundo da gastronomía: hostaleiros, distribuidores, catadores, prensa e influencers.

Ao longo da tarde, os asistentes tiveron a oportunidade de catar unhas 40 elaboracións procedentes de 22 adegas adscritas a esta denominación galega, e coincidiron en destacar a diversidade e autenticidade duns viños que cualificaron como “únicos e exclusivos”.

As adegas participantes nesta iniciativa foron: Ladairo, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), José Luis Mateo García (Quinta da Muradella), Crego e Monaguillo, Minius, Terras do Cigarrón, Triay, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Vía Arxéntea, Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Fausto Rivero (Quinta Soutullo), Manuel Vázquez Losada, Alejandro Ramón Blanco Dijkhoff (Ramón Bigotes) e Terra de Godello.

Back to top button