Na mañá deste mércores 8 de outubro, o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, mantiña unha primeira reunión co novo presidente da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), César Blanco, a quen felicitou polo seu novo cargo.
No encontro, no que tamén participaron os membros da CEO David Martínez, Luis Novoa e Jaime Pereira, o subdelegado desexoulle ao novo presidente “o maior dos éxitos” na súa nova función e comprometeuse a manter “un contacto permanente” coa entidade.
Eladio Santos dará traslado aos Ministerios correspondentes das demandas dos representantes da CEO, a maioría en materia de infraestruturas, e lembrou que “o Goberno de España está a investir máis que nunca na provincia de Ourense, con máis de 1.200 euros destinados a infraestruturas nos últimos anos”. Neste sentido, abordaron a autorización do Goberno para licitar por 14,5 millóns de euros a rehabilitación da autovía A-52 entre A Gudiña e Cualedro e a recente licitación da EDAR de San Cibrao e o saneamento do río Barbaña por 35 millóns, entre outras actuacións.