ConcellosO BarcoÚltima hora

Falece Gonzalo Rodríguez Álvarez, antigo profesor do Colexio Divina Pastora do Barco

O profesor barquense Gonzalo Rodríguez./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dedicou a súa vida á ensinanza, formando a moitas xeracións de estudantes no Colexio Divina Pastora do Barco, onde impartía ao longo da súa traxectoria como profesor materias como matemáticas, historia ou debuxo. Pero ademais, Gonzalo Rodríguez Álvarez participaba activamente na vida social e política da súa vila, onde foi concelleiro do PP en varias lexislaturas e tamén presidíu a Sociedade Casino.

Este docente, casado con Manuela Dosouto e pai de tres fillos (Gonzalo, Sonia María e Diana) falecía neste 10 de outubro aos 80 anos de idade.

“A súa partida deixa unha pegada profunda que permanecerá na memoria de todos que tivemos o privilexio de aprender del”, segundo destacaba o Colexio Divina Pastora do Barco, quen tamén resaltaba que “dedicou gran parte da súa vida, con compromiso e vocación, á formación de xeracións de estudantes”.

A súa capela ardente está instalada no Tanatario La Cruz (na Sala Castro). A súa familia, amigos, antigos compañeiros e ex alumnos, así como a veciñanza do Barco poderá darlle o seu último adeus no funeral previsto para o sábado 11 de outubro ás 18h. na igrexa parroquial de San Mauro no Barco. Despois será enterrado no cemiterio municipal.

 

Back to top button